Galego

1. FotogrAcción, é independente de instituciones públicas ou privadas de calquera tipo. Os obxectivos deberán acadarse a través da participación das persoas e/ou colectivos interesados.

2. FotogrAcción non aceptará ningún tipo de patrocinio privado nin público, co fin de manter a súa independencia económica e de acción. FotogrAcción ten como obxectivo non ser usado para fins comerciais , e polo tanto, non se usará nese senso.

3. Todo recurso económico e/ou material será acadado por actividades propias e/ou donacións anónimas. Para o logro de recursos FotogrAcción, tras unha asemblea, poderá levar a cabo actividades lúdicas, culturais… Así mesmo no caso de ingresos por vendas de artigos de apoio para FotogrAcción (camisetas, adhesivos…), todo gasto e ingreso, así como a “renda” e o seu destino, será publicado na web.

4. O proxecto FotogrAcción non é unha acción individual. FotogrAcción, é colectivo, unha ferramenta de ampla utilidade e participación social. Esta participación debe realizarse en igualdade de condicións e sen privilexios de ningures, aberto a individuos e colectividades. Sempre baixo o principio de igualdade nas súas accións. O seu único requisito é aceptar ou discutir previamente o devandito manifesto.

5. A iniciativa FotogrAcción aspira a ser multilingüe, e así o será na medida en que exista traballo voluntario neste senso; así, a ferramenta e os proxectos albergados, aspiran a chegar ó meirande número posible de persoas, de xeito que non se realice ninguna forma de exclusión.

6. O proxecto de FotogrAcción é de libre distribución baixo a licenza tipo copyleft (Creative Commons 2.5).

7. Toda decisión tomada por FotogrAcción será  por consenso dos/as que se manifesten nas asembleas presenciais e web.

DESCARGATE EL PANFLETO EN A5 A DOS CARAS (GALEGO)

Para colaborar con FotogrAcción e/ou porse en contacto con nos para calquera asunto escribe a fotograccion@gmail.com